As protectoras de animais paralizan as adopcións durante o Estado de Alarma

23 de marzo 2020

Tanto Os Palleiros como o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN), suspenderon todas as acollidas de cans mentres dure a corentena

Protectora de animais Os Palleiros
Protectora de animais Os Palleiros / Mónica Patxot

Todos confinados na casa...alguén pensou nos cans? Hai moitos que teñen sorte e unha familia que os quere e os coida, pero, que é dos que están abandonados? Como pasan estes días nas protectoras?

En Pontevedra, a protectora de Os Palleiros suspendeu todo tipo de adopción mentres dure o Estado de Alarma. A pesar de que podería ser un bo momento para ver se os cans adáptanse a unha nova casa, os responsables decidiron que non é o momento de levar a cabo estes trámites. Os cans permanecen na protectora e seguen a recibir os seus cuidados, pero agora a espera para atopar un novo fogar será máis longa.

Destaca, polo contrario, o caso da protectora Siempre Fiel de Salamanca, que tras o decreto de Estado de Alarma quedou sen hóspedes: todos os cans foron adoptados. De momento, en réxime de acollida, pero con vistas a ser adoptados definitivamente.

Na Armenteira tamén temos o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN), que de momento tamén paralizou todas as adopcións e non permitirá novas acollidas ata que pase esta corentena.

Así que cando todo isto pase, podería ser un bo momento para darlle unha segunda oportunidade a todos eses cans, para que encontren un novo fogar e familia que os queira para sempre. Recorda: non compres, adopta.