As preferentes protagonizan o Pleno sen acudir á Deputación

Pontevedra
03 de maio 2013

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, informou á Corporación dos "últimos datos" sobre os laudos arbitrales, "ata o 1 de maio 16.000 reclamacións foron aceptadas por NovaGalicia Banco, o que equivale a 285 millóns de euros devoltos. Isto supón que foron atendidas preto dun 30% das 60.753 reclamacións recibidas no Instituto Galego de Consumo"

A corporación provincial celebrou un pleno extradordinario convocado de xeito urxente (de onte para hoxe) para recuperar unha longa serie de asuntos pendentes.

E é que facía dous meses que a institución provincial non se reunía en sesión plenaria, en marzo debido á coincidencia coa Semana Santa e en abril pola suspensión do Pleno provocada polas plataformas de afectados polas preferentes.

A premura da convocatoria obrigou a mover as axendas e programar a sesión ás dez da mañá. Esta vez, sen público.

"Ata o 1 de maio 16.000 reclamacións foron aceptadas por NovaGalicia Banco, o que equivale a 285 millóns de euros devoltos"

En dezaoito minutos despacharon os nove puntos que compoñían a Orde do día, a partir de aí empezou o debate sobre as mocións. A primeira a instancias do Grupo socialista na que se pedía a adopción de medidas relacionadas coas preferentes.

"Trátase dunha decisión política que ten que tomar ou Estado", arrincou o voceiro Santos Héctor ao falar dunha solución para os "aforradores estafados". Ao seu xuízo, a única solución real sería "obrigar ao fondo de garantía de depósitos que resarzan aos afectados, entre 700 e 900 millóns de euros", outra posibilidade que apuntou o grupo socialista foi que os afectados poidan "recuperar ou 20% en 5 anos dous seus depósitos".

Outra saída posible "que se prevea un fondo para rescatar aos aforradores estafados", argumentó "si se fixo para rescatar a Banca agora que se faga para eles", apuntou. "Non son violentos, vímolo aquí, temos que poñernos do seu lado", concluíu.

"Este é un problema moi serio como para utilizar a demagoxia e manipulación de datos", arrincou o portavoz do grupo provincial do Partido Popular, José Manuel Figueroa. Acto seguido enumerou as decisións que os socialistas adoptaron cando estaban no Goberno responsabilizándolles do problema actual, "nos non somos os resposables deste problema, foron vostedes".

Foron atendidas preto dun 30% das 60.753 reclamacións recibidas no Instituto Galego de Consumo

Dito isto subliñou "o traballo que se está a facer por parte da Xunta traballando a prol da arbitraxe", rematou Figueroa.

"O que menos necesitan os afectados e que nos andemos botando as culpas", respondeu o portavoz do Grupo do PSdeG.

O portavoz do grupo provincial do BNG, César Mosquera, quixo intervir neste momento do debate para entonar un mea culpa por non ofrecer a resistencia suficiente para "evitar darlle todo o poder a Gayoso".

Interveu tamén o presidente da Deputación, Rafael Louzán, para informar á Corporación dos "últimos datos" sobre os laudos arbitrales, "ata o 1 de maio 16.000 reclamacións foron aceptadas por NovaGalicia Banco, o que equivale a 285 millóns de euros devoltos. Isto supón que foron atendidas preto dun 30% das 60.753 reclamacións recibidas no Instituto Galego de Consumo".

E ao final, logo dunha hora de debate sobre o mesmo tema, como medidas concretas, o Pleno rexeitou a moción socialista cos votos a favor do Partido Popular, en contra o PSdeG e o BNG. Pola contra "os tres voceiros provinciais volveranse reunir para acadar un acordo de consenso". Como resumió Mosquera "foi unha larga cambiada".