Tombarse na area da praia para tomar o sol ou bañarse no mar aínda non está permitido. A día de hoxe as praias están pechadas para calquera actividade que non sexa pasear ou facer deporte aos residentes da zona.
Este sábado foron moitos os areais ao longo das Rías Baixas onde a Policía Local ou a Garda Civil tivo que desaloxar a aquelas persoas que incumprían a norma.
Outros que estaban a pasear de maneira correcta pero en bañador, foron advertidos polos axentes da Lei para que non caesen na tentación de meterse na auga.
En municipios como A Illa de Arousa, O Grove ou Sanxenxo, que non teñen franxas horarias, púidose ver a xente camiñando durante todo o día aínda que moitos acudiron doutros municipios da provincia, unha circunstancia que supuxo máis dunha ducia de propostas de sanción.