O programa municipal 'Ponteandadas', que promove a Concellería de Deportes e o Naturgaliza Club dentro o proxecto A Vida é Movernos, protagonizou este domingo 26 de xuño unha nova xornada nas parroquias de Lourizán e Salcedo.
O roteiro proposto nesta ocasión, de nivel medio e unha duración estimada de tres horas, levou aos participantes ata o Parque Etnoarqueolóxico das Cabanas Prehistóricas de Outeiro das Mouras.
Un total de 186 persoas tomaron parte no evento partindo desde o exterior do Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.
Tras esta cita as Ponteandadas non volverán ata o 10 de xullo cun roteiro polo Río Verdugo en Ponte Sampaio.
Ademais, antes de finalizar a súa presente edición, propóñense o roteiro dos Canteiros por Mourente-Tomeza o 11 de setembro, un itinerario nocturno dos Fachos o 1 de outubro, Magosto por Lérez-Alba o 23 de outubro e un roteiro final solidario polo Burgo-Campañó o 6 de novembro.