As picaduras de fanecas e avespas copan o traballo dos socorristas das praias de Marín

Marín
05 de agosto 2020

No mes de xullo o total de atencións nos areais foi de 505, a maioría de carácter leve, destacando as feridas leves e as picaduras de faneca.

Probas dos socorristas de Marín na praia de Mogor
Probas dos socorristas de Marín na praia de Mogor / Mónica Patxot

Unha vez superado o mes de xullo, os socorristas que velan pola seguridade dos usuarios das praias de Marín, realizaron un total de 505 atencións. Destas 85 ocorreron na praia de Portocelo, 153 en Mogor, 103 en Aguete 1, 101 en Aguete 2, 84 na praia de Loira e por último 65 na praia do Santo.

A maioría destas actuacións foron de carácter menor, destacando o habitual de todos os veráns, que son: as picaduras de fanecas, que houbo 171, 68 picaduras de avespas 173 feridas e 30 avisos a cans.

O resto de atencións menores resultaron de pouca incidencia deixando: 9 avisos a embarcacións, 14 avisos a pescadores e 2 escordaduras.

En canto ás actuacións de incidencia maior destacan: dúas lipotimias, unha en Portocelo e outra en Aguete, un traumatismo dental dun rapaz de tres anos en Mogor, un ataque de ansiedade en Aguete 1, con aviso aos servizos sanitarios e un atragoamento, con chamada á ambulancia, nun usuario con parálise cerebral.

Desde el concello de Marín destacan o bo comportamento dos usuarios das praias seguindo en todo momento as medidas de seguridade e hixiene necesarias debido á crise da Covid19.