As personas con mobilidade reducida poderán ver o desfile de Entroido desde un espazo reservado

Pontevedra
18 de febreiro 2020

Por vez primeira, Pontevedra contará cun espazo reservado para que as persoas con mobilidade reducida poidan ver sen problemas o desfile do Entroido. Será grazas a unha plataforma de dez metros, que estará situada na Praza de España

Desfile do Entroido 2019
Desfile do Entroido 2019 / Diego Torrado

Por vez primeira, Pontevedra contará cun espazo reservado para que as persoas con mobilidade reducida poidan ver sen problemas o desfile do Entroido.

Será grazas a unha plataforma de dez metros, que estará situada na Praza de España, ao carón da casa consistorial. É o lugar onde tamén se sitúa o xurado do desfile.

Esta medida, segundo o Concello, permitirá que todos os veciños e veciñas, independentemente da súa condición persoal, poida gozar do Entroido ao igual que o resto de participantes.

Con respecto á festa en si, o goberno municipal recorda que xa está ao dispor de todos os cidadáns o programa do Entroido, que se pode recoller no edificio municipal de Michelena 30, o edificio de Churruchaos e a Casa da Luz.

Arquivado en