Ás 8.00 horas da mañá do luns 27 de maio 120 militares comezarán unha peregrinación a Santiago de Compostela. Sairán de Tui e terán por diante 120 quilómetros de camiño e de probas de dureza, habilidade e resistencia. Serán os participantes no concurso de patrullas que a Brilat organiza cada ano como pistoletazo de saída aos actos de conmemoración do seu animersario o 7 de xuño, pero este 2013 terán un reto máis por diante: alcanzar a praza do Obradoiro nun máximo de 36 horas.
O concurso de patrullas Tui-Santiago alcanza este ano a súa duodécima edición e nas once anteriores os participantes non tiñan esta limitación temporal, podían tardar ata 48 horas en chegar ao seu destino. Non obstante, este ano, e froito da experiencia de anos anteriores, os organizadores decidiron engadir un punto máis de complicación a este particular peregrinación militar.
O reto non parece demasiado para os participantes, pueste ano rexistrouse un récord de participantes. O xeneral xefe da Brilat, José Antonio Alonso Miranda, indicou este mércores que nunca se rexistraran tantos participantes, 20 patrullas. E iso tendo en conta que houbo unha baixa de última hora, a Brigada da Lexión (BRILEG). Das que siguen anotadas, 15 son da propia Brigada, dúas da Brigada Paracaidista e unha da Jefatura de Tropas de Montaña de Huesca, do Tercio Norte de Infantería de Marina e do Mando de Canarias.
A Lexión gañou a proba na súa edición de 2012 cun récord de alcanzar Santiago en tan só 26 horas e 21 minutos. Malia que este ano se rexistraron e partían como favoritos, no último momento se deron de baixa. O xeneral Alonso quixo matizar que nada tivo que beira decisión o incidente rexistrado o luns 20 de maio na base militar 'Álvarez de Sotomayor' da Brigada en Almería, unha forte explosión que deixou tres mortos e dous feridos.
O comandante Molina, xefe de Operacións da Brilat, deu conta dos detalles da proba e indicou que as outras 20 patrullas, 120 militares en global, terán este ano novos retos a parte da limitación temporal. Esas 36 horas deberán dividilas nun máximo de 12 horas por cada unha das tres etapas do concurso (Tui-Figueirido, Pontevedra-Padrón e Padrón-Santiago), de tal modo que se non superan unha etapa nese tempo xa non poderán seguir.
Ademais, ao termo das dúas primeiras etapas deberán superar un exame médico. Ester requisito é tamén unha novidade desta edición e chegan tan só uns días despois de que un cabo primeiro da Brilat falecese na base Xeneral Trasfogueiro ao finalizar o seu adestramento deportivo diario. O comandante Molina asegurou que as probas médicas non son unha resposta inmediata ao desafortunado incidente, senón que a decisión de incluílas se adoptou xa tras a edición do concurso do ano pasado porque "lo principal es la seguridad" dos participantes.
Os 120 participantes desta edición deberán pasar un exame médico ao término de cada etapa
Outra das novidades da edición 2013 é que se eliminou unha das probas, o paso polo río Umia por medios semipermanentes que se realizaba en Caldas de Reis e que antes xa non puntuaba. Mantéñense o resto: lanzamento de granadas, percorrido topográfico, tiro de precisión con fusil, paso de pista de obstáculos, paso de rápel, percorridos cronometrados e paso de río a nado.
Todos se realizarán igual que en edicións anterios a excepción do paso de rápel voado, que adoitaba desenvolverse en Cotorredondo e este ano será na ponte de Monte Porreiro para evitar aos participantes ter que apartarse do percorrido e para fomentar o contacto coa poboación civil e que os pontevedreses ueden presenciar a proba.
A última novidade chega da man das novas tecnoloxías. Todas as patrullas participantes levarán dispositivos electrónicos para o seu control, de modo que a organización saiba en todo momento onde se encontran.
Malia as novidades, o concurso mantén o mesmo espírito que nas once edicións anteriores. Busca fomentar o espírito de cohesión, dar a coñecer o nome da Brilat e estreitar as relacións tanto no ámbito militar como o civil, ao ser a proba ao longo do Camiño de Santiago, dando posibilidade aos participantes de obter a Compostelá.