As obras da glorieta entre a avenida de Cambados e a rúa Fontecarmoa empezarán a partir deste luns

O Salnés
20 de xaneiro 2023

As obras desenvolveranse por fases de forma gradual para minimizar os minimizar os inconvenientes que poden ocasionar ao tráfico rodado nunha das principais arterias de comunicacións da cidade

Proxecto de creación da glorieta na avenida de Cambados
Proxecto de creación da glorieta na avenida de Cambados / Concello de Vilagarcía de Arousa

O Concello de Vilagarcía adxudicou á empresa Galsur os traballos de construción da nova glorieta para regular o tráfico na intersección da Avenida de Cambados coas rúas Fontecarmoa e Vista Alegre.

As obras comezarán a partir do luns 23 de xaneiro e desenvolveranse por fases de forma gradual para minimizar os minimizar os inconvenientes que poden ocasionar ao tráfico rodado nunha das principais arterias de comunicacións da cidade.

Desta forma, a primeira parte se centrará exclusivamente nos espazos peonís, acondicionando e mellorando a accesibilidade de beirarrúas e da praza situada fronte ao edificio Pablo Picasso. Continuarán na plataforma rodada comezarán pola beirarrúa do lateral da avenida Doutor Tourón que discorre entre as Torres Caixanova e a praza do edificio. Así darán continuidade á renovación das beirarrúas en Doutor Tourón que levaron a cabo hai uns anos a través do proxecto de mellora de accesibilidade no barrio de Matosinhos e contorna.

Despois traballarán no lateral oposto da avenida, reconstruíndo e mellorando as beirarrúas que van dende o cruce coa rúa Xunqueira -conectando así coas melloras realizadas a través do proxecto dos camiños Escolares- ata a zona dos aparcamentos disuasorios da Avenida de Cambados.

Dentro desta reforma teñen previsto ensanchar algúns puntos das beirarrúas con formigón continuo para garantir a perfecta accesibilidade, e acondicionarán o espazo existente actualmente entre o cruce da avenida de Cambados con Vista Alegre e a travesía de Pablo Picasso, unha zona que actualmente representa certos riscos ao compartir uso peóns e vehículos. Os traballos os completarán coa instalación de mobiliario urbano e algún elemento vexetal.

Segundo indicou Galsur, a renovación das beirarrúas "pode levar unhas dúas semanas" e comezarán nos primeiros días de febreiro, mentres que os de tráfico será a mediados dese mesmo mes.

O custe de construción da glorieta na encrucillada da avenida de Cambados coas rúas Vista Alegre e Fontecarmoa terá un custe de179.200 euros.