O Concello de Barro acollerá a exposición organizada pola Deputación de Pontevedra e que está comisariada por Begoña Fernández Lorenzo, 'As nosas senlleiras. Árbores singulares da provincia'.
Esta exposición será de entrada gratuita e a inauguración celebrarase o xoves 12 de abril as 20.00 horas, tendo lugar na sala de exposicións do Concello onde se manteñen as árbores e outras especies consideradas 'reliquias botánicas' ata o 27 de abril.
O horario de visita é de 9.00 a 15.00 horas, de luns a venres, e os alumnos dos centros de ensino de Barro asistirán á mesma para coñecer cada unha das historias e lendas que gardan as árbores, así como para realizar distintas actividades.
Unha destas é 'Verbas do monte', o venres 27 de abril as 10.00 horas, con Anxo Moure e que relaciona aos rapaces do CEIP Amor Ruibal de Barro coa exposición.