As mulleres farmacéuticas de Marín serán protagonistas na celebración do 8M

Marín
07 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

As previsións meteorolóxicas levan a pospoñer o scape room de igualdade previsto na Finca de Briz

O 8M recoñece o traballo das mulleres farmacéuticas de Marín
O 8M recoñece o traballo das mulleres farmacéuticas de Marín / Concello de Marín

O Concello de Marín continúa coa programación prevista ao longo desta semana con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. No propio día sinalado, este 8 de marzo ás 12.00 horas no Museo Manuel Torres procederase á lectura da declaración institucional dedicada ás mulleres farmacéuticas de Marín. Elas tomarán parte para ofrecer a súa experiencia neste sector, que tempo atrás era eminentemente masculino.

Durante toda a xornada do venres a Asociación Cultural Céltica expoñerá en máis dunha decena de establecementos de hostalería de Marín unha mostra de traballos de pinturas ao óleo realizados polas súas socias. As previsións meteorolóxicas levaron a aprazar sen data aínda, un scape room de igualdade na Finca de Briz.

Xa á marxe da data conmemorativa do 8M, o 21 de marzo terá lugar a gala do Premio Emprendemento en Feminino que quere visibilizar proxectos liderados por mulleres e que sexan referentes no seu sector. Entregaranse galardóns en categoría de innovación, sustentabilidade e emprendemento. Será a partir das 19.30 horas na sede da Autoridade Portuaria de Marín.

Arquivado en