As mulleres exhiben por Pontevedra a forza do feminismo para pechar un 8M histórico

Pontevedra
08 de marzo 2019

Unha multitudinaria manifestación polas rúas de Pontevedra puxo o broche de ouro a un 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que volveu a ser histórico. Se xa as concentracións celebradas en horario matinal tiveron un respaldo masivo, a vespertina logrou colapsar o centro da cidade

Manifestación do 8M polas rúas de Pontevedra
Manifestación do 8M polas rúas de Pontevedra / Diego Torrado

Unha multitudinaria manifestación polas rúas de Pontevedra puxo o broche de ouro a un 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que volveu a ser histórico. Se xa as concentracións celebradas en horario matinal tiveron un respaldo masivo, a vespertina logrou colapsar o centro da cidade. 

Decenas de miles de persoas demostraron a forza deste movemento social e reclamaron unha sociedade onde exista unha igualdade real de dereitos e oportunidades entre os homes e as mulleres. Pontevedra foi, ademais, un clamor contra as agresións sexuais, a violencia de xénero ou os micromachismos.

Esta marea feminista desbordou por todo o percorrido da manifestación que, tras comezar na Praza do Hospital pouco despois das oito da tarde, atravesou as rúas Benito Corbal, Daniel de la Sota, García Camba, Oliva e Riestra, para terminar na Praza de España.

Alí, do mesmo xeito que ocorreu horas antes, a marcha concluíu coa lectura do manifesto da plataforma Galegas 8M.

Con esta marcha, ademais, púxose fin á folga feminista que este 8 M alterou a vida diaria de todas as cidades galegas, demostrando como que sen elas, por moito que algúns tenten ignoralo, para o mundo.