Pontevedra xa cheira a Feira Franca. Así se pode ver polas rúas da cidade, onde xa comezaron os preparativos para a gran festa medieval.
No Concello xa colga o cartel da celebración e nas tendas de roupa xa sacaron os traxes para comezar a venda para esta nova edición que se celebrará a primeira fin de semana do mes de setembro, é dicir, o venres 6 e o sábado 7.
Ante todo este despregamento, PontevedraVivasaíu á rúa para preguntar polos preparativos desta gran festa a pouco máis dunha semana de que se cumpra o vinte aniversario.
Con respecto aos traxes, este ano produciuse un atraso á hora de preguntar polos prezos. Segundo explicounos Lucía Chantrero de 'Arte e deseño', a xente adoitaba ir varias semanas antes a preguntar e "este año aún está empezando a haberla ahora", a case unha semana de que comece. A venda que si notou foi dos accesorios para combinar cos traxes que xa se teñen en casa.
Doutra banda, a dona de 'Bendrell', unha pequena tenda que leva pouco máis dun ano en Pontevedra, comentou que está perxudicada polas compras por internet, xa que á xente parécenlles desorbitados os prezos das tendas e tradúcese nunha demanda inferior á do ano anterior."El movimiento es casi nulo, suelen traer las telas para hacerlos pero se saca poco beneficio", explicou.
Como en todo, existe unha cara e unha cruz xa que mercerías de toda a vida como 'Marina Navarro', conta unha experiencia diferente. Aínda que é certo que a compra de traxes empezou un pouco máis tarde, igual que no resto de tendas,"estos días estamos que lo tiramos".
Neste caso, os modelos son exclusivos, "ninguno se repite, por lo que son precios más elevados". Así mesmo, produciuse un cambio con respecto ao aluguer e á venda "el año pasado los hombres fueron a última hora y este año han venido muchos más hombres que mujeres".
Para a temática das vestimentas, produciuse un cambio relevante sobre todo nas mulleres, que deixan atrás o estilo de "aldeana dulce" para buscar o dunha muller máis guerreira. É por iso, que este ano se poderá ver a Xena e ás súas loitadoras, a Daenerys ou a Laguertha entre as rúas da Boa Vila, clara influencia das series de televisión.
Con respecto a eles, tamén se decantaron pola temática de 'Xogo de Tronos' e de 'Viquingos', onde os hai que queren parecerse a John Snow con capas de ata 200 euros, a pesar da calor que poden pasar ou, pola contra, os que se conforman con traxes máis frescos e dunha soa peza que roldan os 15 euros.
Todo traxe ten que ter un peiteado acorde coa temática que se queira levar e é por iso que os peiteados que máis se van a ver este ano serán os recollidos con flores e trenzas, tal e como nos explicaron na perruquería 'Gaudencio's'.
Para as comidas, este ano hai a mesma demanda que os anos anteriores. A xente xa empezou a reservar nos locais tanto do centro como nos arredores.
Son numerosos os bares e restaurantes que, como cada ano, ofertan diversos menús para gozar da festa, abarcando prezos desde 5 euros para os máis pequenos, ata de 35 para adultos, sendo os máis elevados no centro de Pontevedra.
Os restaurantes onde se poden atopar menús variados son entre outros, as '5 portas' ou a 'Casa da Leña' que se atopan preto da festa e, nos arredores, para a xente que prefire comer tranquilamente e despois irse 'ao mogollón', poden ir a 'El Colmado', que teñen menús para nenos e para adultos, e unha ampla terraza para poder comer ao aire libre, ou ao bar 'Sirius', que é o primeiro ano que se unen á celebración.
O prato principal que se pode atopar é a carne, e como entrantes as táboas de embutidos ou empanadas. En todos eles van incluídas as bebidas e as sobremesas 'medievais'.
Como leva sendo habitual nos últimos anos, espérase que Pontevedra énchase, o primeiro sábado do mes de setembro, de amantes do medieval que queiran celebrar os 20 anos da festa ao grande.