As Letras Galegas seguen a celebrarse en Príncipe Felipe

Pontevedra
19 de maio 2018

Están a realizarse talleres, concursos, exposicións, espectáculos, e haberá un acto central de homenaxe o próximo día 24 no que se entregarán premios, farase unha lectura pública de textos e entregarase un agasallo á familia de María Victoria Moreno

Celebración do Día das Letras Galegas en Príncipe Felipe
Celebración do Día das Letras Galegas en Príncipe Felipe / Deputación de Pontevedra

A cidade infantil de Príncipe Felipe celebra por primeira vez as Letras Galegas cunha programación conxunta para os máis de 200 mozos e mozas en acollemento. 

Por iso, aínda que o día 17 de maio pasase, están a realizarse obradoiros, concursos, exposicións, espectáculos, e haberá un acto central de homenaxe o próximo día 24 no que se entregarán premios, farase unha lectura pública de textos e entregarase un agasallo á familia de María  Vcitoria Moreno.

Segundo explicou a deputada delegada do centro, Eva Vilaverde, a homenaxe a María Victoria Moreno deste ano no Día das Letras Galegas foi a "desculpa perfecta" para promover as actividades conxuntas, xa que aautora foi unha persoa moi próxima ao persoal que traballa no centro.

Entre as actividades que se están desenvolvendo destacan os talleres nos que as e os menores están a realizar carteis con lema sobre o Día das Letras, debuxos artísticos e tamén relatos e contos breves. Todos estes traballos participarán en tres certames con varias categorías nas que os premiados recibirán un diploma acreditativo, un agasallo e un pequeno bono para material escolar ou entradas para algún espectáculo. 

Tamén se organizou no centro unha exposición con sete paneis informativos sobre a figura da escritora homenaxeada.

Así mesmo, tamén se vai a realizar o próximo día 22 un espectáculo dentro da programación 'María Victoria Moreno a escena!' do departamento de Cultura da Deputación, a cargo de Polo Correo do Vento, baixo o título 'Unha historia de amor. Homenaxe a María Victoria Moreno'.

Por último o acto central de homenaxe terá lugar o xoves 24 ás 16.15 horas,