A subdelegada do Goberno, Maica Larriba avanzou que os corpos de seguridade continuarán esta semana coas labores de prevención fronte á covid-19, levando a cabo controis e dispositivos adaptados á nova normativa autonómica que previsiblemente se acordará este martes, e que vixiarán, de maneira especial, o cumprimento das medidas na hostalaría, así como o peche perimetral da comunidade autónoma durante a ponte de San Xosé.
Neste sentido, Larriba detallou que "vaise a controlar nas zonas costeiras a residencia dos veciños e veciñas, para comprobar que se está a respectar o peche da Comunidade".
Este martes tivo lugar unha nova reunión do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria.
Durante a reunión, as Forzas e Corpos de Seguridade fixeron balance das actuacións levadas a cabo durante os últimos quince días para vixiar o cumprimento das medidas aprobadas pola Xunta de Galicia o pasado 25 de febreiro. En total, do 1 ao 15 de marzo, a Garda Civil e a Policía Nacional levaron a cabo 5.348 dispositivos de control e vixilancia sanitaria nos que participaron 4.386 axentes, se identificaron a 26.705 persoas, se controlaron 17.297 vehículos e se elevaron 586 propostas de sanción.
No encontro, os responsables policiais fixeron balance das primeiras semanas en vigor das medidas aprobadas pola Xunta de Galicia. En liñas xerais, Larriba destacou que "o comportamento da cidadanía e da hostalaría foi bo, tal e como evidencia o número de denuncias interpostas, unha cifra moi baixa".