A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu este luns unha nova reunión por videoconferencia do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria.
Durante a reunión, as forzas e corpos de seguridade fixeron balance das actuacións levadas a cabo durante os últimos seis días para vixiar o cumprimento das medidas aprobadas pola Xunta de Galicia.
En total, do 23 ao 28 de febreiro, a Garda Civil, a Policía Nacional e a Policía Autonómica levaron a cabo 1.112 dispositivos de control e vixilancia sanitaria nos que participaron 1.648 axentes, se identificaron a 8.847 persoas, se controlaron 5.632 vehículos e se elevaron 340 propostas de sanción.
Aínda que o Plan da Hostalaría aprobado pola Xunta de Galicia establece que a vixilancia do cumprimento das medidas recollidas en dito plan corresponde aos concellos, as forzas e corpos de seguridade do Estado colaboraron nas labores de control en todos os municipios da provincia.
Deste xeito, a Policía Nacional e a Garda Civil realizaron 354 controis na hostalaría durante a fin de semana e interpuxeron 79 sancións.
En liñas xerais, Larriba destacou que "o comportamento da cidadanía foi bo. Se ben é certo que o bo tempo provocou unha maior afluencia de xente en terrazas e rúas, salvo contadas excepcións, os veciños e veciñas da provincia tiveron unha actitude responsable".