"Foi unha semana esgotadora para todas as persoas que quixeron vivir as festas", comezou a alcaldesa en funcións, Carme da Silva a súa valoración "moi positiva" da Semana Grande da Peregrina.
"O máis bonito", segundo a responsable da concellería de Festas, foi ver as rúas "cheas de xente".
Igualmente destacou a"tranquilidade e alegría" que se respiraba entre a cidadanía a pesar da gran cantidade de público que participou nas festas.
Este luns ten lugar o coñecido como Día do neno, cos prezos das atraccións rebaixados. Simultaneamente empezaron a desmontarse os escenarios das prazas de España e da Ferrería para poder comezar coa ambientación medieval da Feira Franca.
Ademais este martes ten lugar a Festa do Demo e para evitar que a próxima fin de semana quede sen unha actividade lúdica organizada acábase de presentar"Ponte Coqueta", unha celebración que se desenvolverá na praza de Curros Enríquez durante este sábado, coa década dos anos 20 como fío argumental.