As festas de San Xoán provocan cambios no aparcadoiro da Seca e o acceso ao colexio Isidora Riestra

Poio
17 de xuño 2017

A Policía Local de Poio, con motivo das festas patronais de San Xoán, elaborou un dispositivo especial de tráfico no recinto da Seca onde se instalarán os postos da feira e as atraccións

Dispositivo de tráfico polas festas de San Xoán
Dispositivo de tráfico polas festas de San Xoán

A Policía Local de Poio, con motivo das festas patronais de San Xoán, elaborou un dispositivo especial de tráfico no recinto da Seca onde se instalarán os postos da feira e as atraccións.

A partir do luns 19 de xuño habilitaranse novas alternativas para a saída e entrada dos autobuses escolares, así como para levar e recoller aos nenos do colexio Isidora Riestra.

Esta zona é a habitual de acceso ao centro educativo, polo que agora nenos e profesores deberán acudir ao recinto dando a volta ao campo de fútbol da Seca e en paralelo ao parque, xunto ao aparcadoiro de motocicletas e autocaravanas.

Os autobuses escolares terán o seu punto de chegada e partida nunha zona próxima ao campo da Reiboa.

Arquivado en