As farmacias de Cambados farán un cribado masivo para detectar asintomáticos

O Salnés
06 de marzo 2021

Este cribado, realizado en colaboración co Servizo Galego de Saúde, comezará o vindeiro luns 8 de marzo e estenderase durante unha semana. Participarán as catro farmacias que están adheridas ao programa de auto recollida de mostras de saliva

As farmacias pontevedresas participan masivamente no plan de cribado
As farmacias pontevedresas participan masivamente no plan de cribado / Mónica Patxot

Máis de 5.000 persoas de 40 a 64 anos están chamadas a participar no cribado masivo que realizarán as farmacias de Cambados para detectar portadores asintomáticos da covid-19.

Este cribado, realizado en colaboración co Servizo Galego de Saúde, comezará o vindeiro luns 8 de marzo e estenderase durante unha semana. Participarán as catro farmacias que están adheridas ao programa de auto recollida de mostras de saliva.

A presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo, fixo un chamamento á poboación de Cambados para que participe no cribado porque unha alta participación neste cribado "traducirase en beneficios para a saúde de todos e axudará a que se corten as cadeas de transmisión, algo crucial nesta fase da pandemia".

Os cidadáns poderán acudir á farmacia para solicitar o tubo a calquera hora do día e levalo ao día seguinte, despois de recoller a mostra, a calquera hora da mañá.

Para participar neste cribado a persoa non debe ter síntomas compatibles coa infección ocasionada por COVID-19.

As mostras de saliva envíanse, a través da distribución farmacéutica, ao Laboratorio de Microbiología da área sanitaria de Vigo, onde se analizarán mediante PCR utilizando a técnica de pooling.

Unha vez analizadas, comunícase o resultado ás persoas participantes e, en caso de obter un resultado positivo, realizaráselles unha proba PCR con mostra nasofarínxea.