As farmacias da provincia farán un cribado a menores de entre 12 e 17 anos

Pontevedra
11 de abril 2021

As farmacias da provincia de Pontevedra comezarán un novo cribado poboacional a partir do luns 12 de abril. Esta vez, o obxectivo será identificar a existencia de covid-19 na poboación asintomática de entre 12 e 17 anos

As farmacias pontevedresas participan masivamente no plan de cribado
As farmacias pontevedresas participan masivamente no plan de cribado / Mónica Patxot

As farmacias da provincia de Pontevedra comezarán un novo cribado poboacional a partir do luns 12 de abril. Esta vez, o obxectivo será identificar a existencia de covid-19 na poboación asintomática de entre 12 e 17 anos.

Segundo confirma a Concellería de Sanidade, foron citados máis de 50.000 mozos para participar no cribado a través das 388 farmacias adheridas ao programa.

"O éxito deste cribado depende da participación masiva dos mozos que, finalizadas as vacacións de Semana Santa, volveron ás aulas" sinalou a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo.

Así mesmo, a presidenta afirma que van solicitar aos colexios e institutos pontevedreses que axuden aos mozos para participar e así "axudar a evitar brotes nos centros educativos".

As persoas que queiran participar recibirán un tubo de recollida de mostra e o farmacéutico explicará como deben facer a recollida de saliva, que será á primeira hora da mañá no seu propio domicilio, en xaxún e sen tomar auga nin lavarse os dentes. Esta deberá levar ao día seguinte ou o próximo día hábil antes das 10:30 horas.

A metodoloxía é similar á do cribado anterior, coa diferenza de que, neste caso, os menores de 12 a 15 anos terán que levar o consentimento asinado por un uno dos seus pais ou titor. Non é necesario que os nenos vaian á farmacia, poderá ir unha soa persoa que asine o consentimento e leve a tarxeta sanitaria do menor. Os mozos de 16 a 17 anos só terán que ir se deciden asinalo eles mesmos.

Poderán entregarse un máximo diario de 20 menos por farmacia. Sábados, domingos e festivos as farmacias non recollerán mostras, pero si poden entregar tubos.

Unha vez procesada, o resultado o introducen na Historia Clínica Electrónica do Servizo Galego de Saúde e o comunican a través do teléfono móbil que o farmacéutico indicou na aplicación. Se o neno non recibe o resultado no móbil antes de 72 horas, deben comunicalo na farmacia.

Consulta nesta ligazón as farmacias participantes no cribado a menores de entre 12 e 17 anos.