Na mañá deste venres 29 de abril inaugurouse o I congreso de adopción de Pontevedra que estará aberta durante todo este venres e o sábado no Pazo da Cultura. A asociación Manaia é a organizadora deste evento que pretende reunir a familias adoptivas e a todos aqueles que teñan dudas sobre a adopción, os trámites, tempos de espera ou como afrontar as preguntas dun neno que é adoptado.
Antón Mouriz, vicepresidente da asociación Manaia, amosaba a súa satisfacción pola acollida que está tendo o congreso, coa asistencia de familias que xa adoptaron e as familias que están en proceso ou formulándose a adopción. A asociación afronta con ilusión este primeiro congreso que pretende que teña continuidade no futuro, segundo apuntou o seu vicepresidente.
Durante a mañá realizáronse as tres primeiras sesións dos foros cos relatores invitados que, nas súas dúas primeiras partes, trataron principalmente temas xurídicos sobre a adopción ou a estatísticas da adopción en Galicia. As intervencións intentan que sexan breves para evitar que os asistentes se aburran, ademais de que se inclúen roldas de preguntas para crear un "debate" e que os relatorios sexan máis interactivos, segundo Antón Mouriz.
Entre os asistentes e os colaboradores tamén hai moitos membros da asociación Manaia, entre eles encóntrase Marián Simón que ademais de encargarse da ludoteca, que a partir do sábado estará a funcionar no congreso, tamén é unha nai adoptiva. Ela e o seu marido forman parte de Manaia onde xa non só reciben consellos e apoio como familia adoptiva, senón que eles son os que agora tamén asesoran as persoas que acoden á asociación.
A súa adopción foi "unha experiencia super dura e emocionante". Segundo Marián estar na asociación axudoulles moito a ela e a súa familia, e cre que se tivese entrado antes a formar parte de Manaia todo tivese sido un pouco menos complicado. Ela e o seu marido tiñan claro dende o principio, ao redor de 2008, que querían adoptar e facer crecer á súa familia na que xa estaba presente o seu fillo de oito meses. O proceso de adopción durou tres anos e medio para esta familia que se foi ata Bogotá (Colombia) para buscar a súa filla que só tiña un ano de idade cando por fin chegou ás súas vidas. Para chegar a ese momento a familia tivo que pasar un exame da Xunta, unha entrevista e de aí ás listas de espera "normais", xa que tamén existen outros listados especiais onde se encontran nenos enfermos ou con algunha dificultade. Esta familia decidiu cambiarse á chamada lista especial porque segundo Marián a un fillo se lle quere igual e non ían ser "unos pies planos, un labio leporino o cualquier otra dolencia un obstáculo que le impidiese querer a ese niño que viniese". A súa filla sufría unha enfermidade cando a adoptaron e segundo esta nai déronlle moi poucas esperanzas sobre como sería a vida da nena. Tras un mes en Bogotá e pasar por un xuízo no que se ditamina que son pais da nena e que levará os apelidos da familia volveron a España coa súa nena, que só tiña un ano de idade.
A filla de Marián ten xa sete anos. É unha nena sa e con moita enerxía. A súa nai afirma que se regresase atrás " volvería a repetir". A pequena sabe que é adoptada e eles intentan dar respostas ás súas preguntas. O apoio da asociación e doutros pais axuda a esta familia a buscar a mellor forma de falar cos menores sobre o seu pasado.
O domingo finalizará este encontro coa 'Xuntanza de familias adoptivas' que comezará ás 11:00 horas da mañá ata as 20:30 horas no recinto feiral.