O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e o concelleiro Jose Treviño reuníronse este xoves coa Asociación de nais e Pais do Alumnado (ANPA) "O Baño" para tratar os diferentes asuntos que afectan o funcionamento do centro educativo Don Aurelio.
Esta colaboración ten como obxectivo que o curso escolar se inicie do xeito máis seguro posible tanto para os nenos como para o profesorado.
Segundo informou o Concello de Cuntis, entre os temas tratados nesa reunión falouse de recuperar a praza do docente de apoio, polo que o rexedor concertou unha cita co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares para tratar este e outros temas como a mellora da fachada do propio edificio.
Ademais a ANPA reclamou maior seguridade viaria no entorno do centro ante o que o alcalde se comprometeu a dar resposta na maior brevidade posible.
Manuel Campos recordou a forte inversión que fai o Concello en materia educativa a través do programa Cuntilín que consta de unha coordinadora, unha profesora, unha educadora e dous monitores ao igual que a educación para adultos que consta de dúas mestras durante todo o curso lectivo.
Este servizo é costeado na súa maior parte polo concello.