Máis de 150 personas participaron este sábado na IV Xornada Provincial de Enfermedades Inflamatorias Intestinais de ASSEII (Asociación Sociosanitaria de Enfermedades Inflamatorias Intestinais e Ostomizados), que se celebrou no Salón de Congresos do Pazo da Cultura de Pontevedra.
A xornada, que estivo centrada na importancia da microbiota no estado de saúde e na súa relación cos trastornos gastrointestinais, congregou na súa inauguración, en torno ás 10.00 horas, ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; á deputada de Servizos Sociais e Cohesión da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas; á concelleira de Servizos Sociais do Concello de Pontevedra, Anxos Riveiro; á xerente da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez Fernández; ou á directora de Nutribiótica, Raquel Neira, empresa que coordinou xunto con ASSEII a organización desta actividade.
Tanto a deputada como o conselleiro puxeron en valor o "inteso traballo" que realiza ASSEII para visibilizar estas enfermidades e concienciar sobre a súa existencia. De maneira concreta, Almuíña parabenizou ao colectivo e a Nutribiótica por impulsar "un programa innovador no marco deste foro de encontro entre pacientes e profesonais".
A nivel estatal, son 300.000 as persoas afectadas por estas patoloxías. "En Pontevedra, esa cifra é de 2.000 pacientes, 1.400 dos cales son atendidos no CHOP", detallou Rivas, que engadiu que se están a diagnosticar cerca de 150 novos casos cada ano, "o que as convirte en enfermidades consideradas como frecuentes". Según as estatísticas, dentro do ámbito provincial, os concellos de Marín e do Grove son os que teñen maior afectación destas enfermidades.
Estas dimensións conlevan que sexa necesario que a atención sanitaria pública teña protocolos únicos e modernizados para poder mellorar a asistencia aos pacientes. Así o remarcou Vázquez Almuíña, que informou dun novo grupo de traballo que configurou a consellería, no que participan profesionais sanitarios de diversos niveis e áreas e algunhas asociacións, como a propia ASSEII, no que se está a elaborar unha ruta de asistencia homoxénea para o Sergas, "co fin de facer o máis homoxéneo posible o proceso de atención".
O máximo responsable de Sanidade mostrou a súa satisfación polo papel protagonista que nestes últimos anos teñen os colectivos de pacientes, "cuxas opinións foron introducidas cos consellos de pacientes, conseguindo que tomemos decisións compartidas" na xestión sanitaria pública galega. Concretamente, o conselleiro fixo fincapé nalgúns proxectos presentados por ASEEII, como o deseño dos baños para ostomizados ou o reto realizado por Víctor Loira, que percorreu parte de Galicia en bicicleta para visibilizar esta loita.
Anxos Riveiro afirmou que a xornada deste sábado serviu para aclarar moitas cuestións que a día de hoxe importan moito á sociedade, "cada vez máis preocupada en vivir mellor, coidando o estilo de vida e a nosa alimentación, porque hai unha relación directa entre que comemos, a actividade física e como nos sentimos".
Pola súa parte, Raquel Neira, directora de Nutribiótica, a empresa distribuidora dos productos probioticos do laboratorio Bromatech, afirmou a importancia de "tender pontes" entre institucións públicas, empresas privadas e asociacións para impulsar a divulgación científica e a optimización dos tratamentos dos pacientes.
A doctora Sari Arponen, internista no Hospital de Torrejón, especialista en infecciosas e experta en microbioterapia, fixo unha amplísima exposición de que é a microbiota, cales son os factores que a desequilibran e como podemos mantela en bo estado, a través dos hábitos de vida, a alimentación e unha pauta de probióticos con cepas moi específicas, sempre de derivación humana, e dirixida por un profesional sanitario.
De maneira concreta, explicou que nestas enfermidades existe un perfil específico de desequilibrio, "onde algunhas bacterias están disminuidas e outras sobrecrecidas", o que crea ese ambiente inflamatorio que caracteriza a estas patoloxías. A doctora referiuse a un estudo no que se demostrou esta relación entre inflamación intestinal e desequilibrio da microbiota gracias á análise de mostras fecais e de sangue de 132 persoas.
Neste estudo, tamén se evidenciou que a diversidade bacteriana e fúngica nos enfermos é moito menor en comparación cas persoas sanas e que a barreira intestinal nestes casos está moi dañada, o que impide que desenvolva as súas funcións de defensa e de fortaleza dos sistema inmune.
Facer deporte, respetar os ritmos de descanso, aprender a xestionar o estrés, tratar de pasar tempo en espazos verdes e naturais e, fundamentalmente, facer unha alimentación variada e saludable foron algunhas das recomendacións que fixo a doctora para mellorar a calide de vida dos pacientes.
Finalmente, a doctora Arponen explicou en que consiste a microbioterapia, que é a utilización de probióticos cunhas cepas moi específicas, de orixe humana, cos que se están conseguindo grandes resultados. Iso si, "debemos saber moi ben que producto probiótico utilizamos, porque non sirven os que teñen un cóctel multicepa. En función do que teña o paciente, só hai unhas cepas determinadas que poden servirlle para facer terapia".