As enfermeiras reivindican os seus dereitos e piden que ser muller non sexa un lastre á hora de ascender

O sindicato de enfermería (SATSE) organizou un acto para reivindicar os dereitos das mulleres profesionais deste sector, no que se leu un manifesto que demanda a necesidade dunha sociedade igualitaria

A secretaria provincial de sindicatos SATSE de enfermería e fisioterapia, Emma Rodríguez
A secretaria provincial de sindicatos SATSE de enfermería e fisioterapia, Emma Rodríguez / Boris Rodríguez Pintos

Con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo, o sindicato de enfermería (SATSE), organizou este venres unha concentración no Hospital Provincial de Pontevedra, a modo de reivindicación dos dereitos das mulleres enfermeiras, que representan o 81% da plantilla.

SATSE quere visibilizar as profesionais deste ámbito, xa que, segundo palabras da secretaria provincial deste sindicato de enfermería e fisioterapia, Emma Rodríguez, é un "sector moi feminizado". Ademais asegurou que aínda que as enfermeiras gozan dun gran afecto por parte dos pacientes, pero as administracións non as valoran tanto como deberían. "Non temos representatividade en postos de decisión, estamos aquí, e ser muller non pode ser un lastre á hora de ascender", manifestou a secretaria provincial.

Rodríguez enfatizou o importantes que son as enfermeiras para outras mulleres que están a pasar por situacións de violencia ou maltrato

Desta forma, Rodríguez quixo poñer en valor a profesionalidade deste sector maioritariamente feminino, e declarou que "somos a base da sanidade, e non estamos a ser valoradas polo feito de ser mulleres. Somos profesionais e por iso pedimos a consideración que merecemos". 

Rodríguez destacou o papel das enfermeiras nos casos de violencia de xénero: "nós somos as primeiras que detectamos eses casos, as que as aconsellamos e as coidamos". Así pois, enfatizou o importantes que son estas profesonais para outras mulleres que están a pasar por situacións de violencia ou maltrato. 

Para finalizar, a secretaria provincial leu un manifesto no que o sindicato demanda os dereitos das mulleres, no que aparecen frases como onde se di que pese aos avances logrados nos últimos tempos, aínda non vivimosnunh sociedade igualitaria e que ningún país, tampouco España, pode presumir de haber alcanzado xa la igualdade de xénero.