O Departamento municipal do Ciclo da auga realizou este mércores unha visita ás instalacións municipais de abastecemento de auga potable e de saneamento, programada para as empresas interesadas na licitación do contrato do servizo de augas, que está en fase de publicación e recepción de ofertas.
Na visita participaron 28 empresas (47 persoas) que coñeron a estación de tratamento de auga potable (ETAP) en Lérez, o encoro de Pontillón do Castro, o bombeo de Monte Porreiro, o bombeo da Ponte dos Tirantes, a galería de servizos, e os depósitos de O Campiño e San Amaro.
As empresas teñen de prazo ata o 24 de outubro para presentar as súas ofertas.