As de Alfageme dan a lata

Pontevedra
05 de novembro 2012

Arroxando latas de conservas caducadas da marca Miau. Así expresaron o seu malestar un grupo de traballadoras de Alfageme ás portas das casas consistoriales das localidades pontevedresas de Vilagarcía de Arousa, Ribadumia, Cambados e O Grove.

Traballadoras de Alfageme
Traballadoras de Alfageme

Arroxando latas de conservas caducadas da marca Miau. Así expresaron o seu malestar un grupo de traballadoras de Alfageme ás portas das casas consistoriales das localidades pontevedresas de Vilagarcía de Arousa, Ribadumia, Cambados e O Grove.

Tamén o pleno da Mancomunidade do Salnés decidiu urxir á Conselleria de Economia e Industria a adxudicación da conserveira a unha das tres empresas que optan a ela antes de que saia a poxa. A decisión foi adoptada tras irrumpir no pleno as traballadoras e responsables do sindicato CIG.

Estas mulleres reclaman á Xunta adxudique as fábricas desta empresa en Vilaxoán e Ribadumia para recuperar a súa actividade laboral.
Mentres tanto o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) celebrou a mesa técnica na que se abriron as plicas das tres ofertas presentadas, polas empresas O Consorcio, Pescamar e Coswinga.

Estas firmas están interesadas en adquirir as fábricas de Ribadumia e Vilaxoán e a marca Miau, no procedemento que a Xunta abriu logo de abonar os avais por valor de 33 millóns de euros que no seu día o bipartito concedera a esta conservera.

A resposta do Igape farase esperar mentres termina de analizar toda a documentación aportada. Polo menos serán un par de días prolongando a agonía  antes de que a Xunta poida comunicar cal é a oferta pola que se decanta.

Por outra banda o xulgado do mercantil numero tres de Vigo iniciou a liquidación de Alfageme ao presentar os administradores concursais un escrito no xulgado solicitando a poxa.

Mentres a CIG decidiu presentar unha querella por prevaricación contra o titular da Consellería de Economía, Javier Guerra e o outro dos sindicatos con representación no comité de empresa de Alfageme, a CGT tras reunirse co fiscal xefe de Pontevedra, acordou presentar unha demanda a través da Fiscalía Superior de Galicia contra o Goberno galego.

Arquivado en