As brigadas da Deputación atenden medio cento de urxencias

Pontevedra
13 de febreiro 2016

Seis brigadas están en activo e outras dúas en alerta xunto con persoal e maquinaria dos parques para atender asolagamentos, desprendementos, fochancas e árbores caídas

Bolsa de auga na EP-8001, km 1.500 entre Portas e Caldas de Reis
Bolsa de auga na EP-8001, km 1.500 entre Portas e Caldas de Reis / Protecciòn Civil de Caldas

As brigadas de mantemento das estradas provinciais da Deputación de Pontevedra atenderon medio cento de urxencias con motivo do temporal no último día e medio (dende as 00.00 do venres ata as 17.00 horas do sábado).

O servizo ten en activo traballando a seis dos oito equipos existentes e en 'garda localizada' aos demais por se fosen requeridos. Ademais, tamén se está utilizando maquinaria (catro palas retroexcavadoras) e persoal dos parques comarcais co fin de dar solución aos asolagamentos, desprendementos, fochancas e árbores caídas na rede viaria provincial.

Ademais das actuacións urxentes as brigadas tamén están atendendo, na medida do posible, os desperfectos que localizan nas rutas programadas. O obxectivo é, segundo sinalou o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, "a pesares do mal tempo, garantir a maior seguranza viaria e evitar tanto a viandantes como a vehículos situacións de perigo". Ás intervencións provisionais e de urxencia uniranse nos vindeiros días outras obras de mellora.

Entre as actuacións máis salientables na nosa contorna figuran:

  • Bolsas de auga
    • EP 9205 entre Meaño e Sanxenxo
    • EP 0101 Postemirón  - Acuña, Vilaboa
    • EP 0001 Bértola – Canicouva - Pontesampaio
    • EP 0017 Bao – Campañó, Pontevedra
    • EP 8004 Caldas – Vilanoviña, Vilanova de Arousa 
  • Estradas anegadas de auga
    • EP 9302 Xil – Covas – Barrantes, Ribadumia
    • EP 0001 Bértola – Canicouva – Pontesampaio, Pontevedra
    • EP 8002 Caldas – San Clemente, Caldas de Reis
    • EP 1305 Igrexario de Cela Outeiro- Bueu, Bueu 
  • Desprendementos
    • EP 8401 Portela – Souto de Vea, Cuntis
    • EP 0303 Gaxate – Hermitas, A Lama 
  • Socavón na estrada
    • EP 8003 N-550 – Paradela de Bemil, Caldas de Reis

 

Arquivado en