Seguridade ante todo un ano máis nas Festas da Peregrina.
A empresa Enmacosa Consultoría Técnica iniciou este xoves controles do proceso de montaxe e das probas de funcionamento das atraccións que se están colocando na contorna da Alameda e Raíña Vitoria.
Os técnicos encargados examinan cada unha das atraccións seguindo un protocolo específico. Por unha banda solicitan a documentación concreta de cada instalación como o seguro de responsabilidade civil e as súas coberturas, libro de operacións, manual técnico ou proxecto, para corroborar que todo está en orde. Ademais, comproban que as atraccións carezan de arestas que poidan resultar cortantes ou de zonas sen protección, puntos de corrosión ou deficiencias en soldaduras e asentos.
Ademais son analizados outros requisitos sobre a seguridade do público, como a dotación de extintores ou a separación con tendidos eléctricos, edificios, farois ou mobiliario urbano.
Por último a revisión se completacon unha proba para comprobar o funcionanmiento da instalación e da súa instalación eléctrica.
Este verán cúmprense 20 anos da primeira vez que o Concello de Pontevedra solicitou as primeiras inspeccións exhaustivas da montaxe das atraccións das Festas da Peregrina, controis que non son obrigatorios pero que se foron facendo cada vez máis habituais en todos os municipios.