As 342 solicitudes presentadas superan o fondo do plan de axudas previsto por ENCE

Pontevedra
29 de abril 2017

A comisión de seguimento do pacto ambiental asinado entre a Xunta de Galicia e Ence ultima a resolución final da asignación de axudas aos proxectos presentados na primeira edición da convocatoria do Plan Social

Chemineas da fábrica de Ence
Chemineas da fábrica de Ence / Mónica Patxot

A comisión de seguimento do pacto ambiental asinado entre a Xunta de Galicia e Ence ultima a resolución final da asignación de axudas aos proxectos presentados na primeira edición da convocatoria do Plan Social.

A comisión de seguimento, composta por dous representantes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e outros dous de Ence, mantivo ata a data tres reunións co fin de "estudar co maior rigor e detalle" cada un dos proxectos presentados, conforme aos criterios establecidos nas bases da convocatoria.

A primeira convocatoria de axudas do Plan Social de Ence en Pontevedra pechou cun total de 342 proxectos presentados. A área de actuación que máis proxectos recibiu foi o de apoio ao deporte de base, con 121 solicitudes, seguida de impulso ao emprendemento e a economía, con 74 solicitudes.

Segundo trasladan fontes oficiais da compañía pasteira, "o elevado número de proxectos presentados" supuxo que o importe total solicitado "multiplicouse en varias veces o fondo do plan".

Para os responsables de Ence isto "mostra claramente a gran acollida do Plan Social de Ence por parte dos cidadáns e o compromiso da compañía de contribuír na calidade de vida dos cidadáns da cidade de Pontevedra e a súa comarca".