"Arturo, pola amizade que nos une, rógoche que gardes silencio"

Cerdedo-Cotobade
04 de marzo 2016

Do mesmo xeito que os veciños, o Partido Socialista que conforma a oposición nos grupos municipais de Cerdedo e Cotobade, esixe unha consulta popular

O pleno de Cotobade inicia o proceso de fusión con Cerdedo
O pleno de Cotobade inicia o proceso de fusión con Cerdedo / Mónica Patxot

En metade do salón de actos do Concello, Arturo, un veciño de Cerdedo, tentaba expresar a súa opinión ante o pleno extraordinario que trataba a fusión do seu concello co de Cotobade.

"Arturo, pola amizade que nos une, rógoche que gardes silencio", pediulle o alcalde, Jorge Cubela.

O rexedor reiterou o seu rogo ata en catro ocasiones, as mesmas que Arturo tentou falar. Idéntica intención que tiñan as máis de sesenta persoas que abarrotaron este xoves o salón de Plenos. Entre eles o irmán xemelgo do alcalde.

Finalmente puideron expresarse, pero fixérono ao finalizar a sesión plenaria, sen que a súa opinión fose rexistrada no acta. Fóra do foco mediático.

Do mesmo xeito que os veciños, o Partido Socialista que conforma a oposición nos grupos municipais de Cerdedo e Cotobade, esixe unha consulta popular.

Este venres, a presidenta da Deputación, Carmela Silva insistiu nesta proposta dos seus compañeiros do PSOE demandando tamén á Xunta a elaboración dun plan de fusións. "Un plan global que defina cales son os criterios", dixo Silva apuntando a necesidade dun "estudo serio e rigoroso" que defina os diferentes requisitos que se esixen, ben sexan por razóns de proximidade, poboacionais, motivos económicos ou distintas sinerxias.

Ante a ausencia deste plan, a presidenta da Deputación considera que nos atopamos ante unha fusión "pouco seria".

Carmela Silva reiterou que non se opón ás fusións, pero esixe "rigor", é dicir, avaliacións do que vai supoñer e análises técnicas da proposta, ademais de "contar coa poboación".

Finalmente, a presidenta provincial espera que estas fusións "non teñan que ver con non facer fronte aos problemas dos concellos que son delimitar con claridade as competencias e o financiamento para que podan prestalas".

TRAMITACIÓN

Despois de acordo plenario acordado este xoves en Cerdedo e Cotobade, estes acordos serán sometidos a exposición pública durante o prazo de 30 días, para poder presentar alegacións, a cuxo termo volverán ser debatidas en pleno.

O expediente será enviado logo á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, tras o cal darase audiencia á Deputación Provincial de Pontevedra, que terá un prazo dun mes para emitir un informe.

Finalmente a Comisión Galega de Delimitación Territorial elevará un informe ao Consello Consultivo de Galicia para ditame. Será despois momento de que o Consello da Xunta adopte por decreto a resolución final que será publicado en todos os boletíns oficiais.

Entón os alcaldes e concelleiros cesarán e designarase unha xestora ata as seguintes eleccións.