Arte rupestre en Terras de Pontevedra, unha oferta máxica por descubrir

Pontevedra
25 de novembro 2014

Poucas zonas de Europa reúnen tal conxunto de depósitos e vestixios de arte prehistórica como Terras de Pontevedraa>. Todos os amantes do patrimonio histórico encontran nos montes dos municipios de Campo Lameiro, Barro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa un lugar máxico para perderse. Non é para menos. Neles encóntrase unha das maiores concentracións de arte rupestre do noso vello continente

Petroglifos de Mogor
Petroglifos de Mogor

Poucas zonas de Europa reúnen tal conxunto de depósitos e vestixios de arte prehistórica como Terras de Pontevedra. Todos os amantes do patrimonio histórico encontran nos montes dos municipios de Campo Lameiro, Barro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa un lugar máxico para perderse. Non é para menos. Neles encóntrase unha das maiores concentracións de arte rupestre do noso vello continente.

Todo este ámbito destaca pola elevada presenza deste tipo de manifestacións artísticas que, no caso de Terras de Pontevedra, se remontan ao Neolítico e ao Megalítico o que, sumado aos restos de arte castrense e romana que hai repartidos por estes oito municipios, forman unha grande oferta cultural e patrimonial, única polo seu interese como documento histórico, os seus valores estéticos e a súa orixinalidade.

Os investigadores chegaron ao consenso de que os gravados rupestres de Terras de Pontevedra foron realizados ao final da época neolítica, na transición entre a Idade do Cobre e a Idade do Bronce, é dicir entre o 3.000 e o 2.000 A.C. ÿ unha das máximas expresións artísticas realizadas polas primeiras comunidades de aldeáns que se asentaron en Galicia e que ten, no val do Lérez, gran parte das súas principais referencias.

Adoitan estar tallados sobre rochas de granito, xeralmente situadas en montes de altitude baixa e media e en zonas próximas á costa. A súa temática é tanto naturalista, onde se representan tanto figuras antropomórficas e utensilios de caza coma animais (especialmente cérvidos, cabalos ou serpes); e o xeométrico, predominando fundamentalmente formas e debuxos abstractos como cazoletas, combinacións circulares, labirintos ou espirais.

UNHA RUTA CON DÿAS ETAPAS

A ruta deseñada por Terras de Pontevedra permite ao visitante coñecer a mostra máis singular destes vestixios prehistóricos. O punto de partida sitúase no Museo de Pontevedra, onde se expoñen magníficos achados arqueolóxicos que nos aproximan ao pasado prehistórico da zona, entre elas as marabillosas e fermosas coleccións de obxectos domésticos e de ourivaría correspondentes á Idade de Bronce e á Idade de Ferro.

Tras o Museo, a primeira parada desta ruta lévanos ata Mogor (Marín). Alí sitúase unha das estacións rupestres máis reproducidas e analizadas de toda Galicia. Son os coñecidos como Labirintos de Mogor. Trátase de tres conxuntos de gravados rupestres visibles: Pedra dos Campiños, Laxe dos Mouros e Pedra do Labirinto. Todos eles presentan coidadas formas labirínticas, un gravado atípico na arte rupestre galaico.

A continuación, a mellor opción é ascender ata o parque do lago Castiñeiras, situado entre os concellos de Marín e Vilaboa. Nas súas inmediacións encóntrase o conxunto megalítico de Chan de Castiñeiras, un fascinante campo de mámoas, unha manifestación rupestre ás que se lles atribúe unha función funeraria. Entre todos elas destaca a coñecida como Mámoa do Rei, un dolmen impresionante polas súas enormes dimensións.

O percorrido polos petroglifos de Terras de Pontevedra continua pola área arqueolóxica de Tourón (Ponte Caldelas). Trátase dun enorme xacemento de máis de 150.000 metros cadrados. Laxe das Cruces, Couto das Sombriñas e Nabal de Martiño son as súas principais estacións. Combinacións circulares, zoomorfos ou rechamantes escenas de caza son algúns dos orixinais motivos destes gravados, extraordinariamente complexos para a época.

Antes de facer un alto no camiño chegamos ao conxunto de gravados rupestres de Fentáns (Cotobade), unha área arqueolóxica formada por preto de trescentos gravados ao aire libre. Nel, os motivos abstractos e xeométricos son moi numerosos, aínda que son máis os gravados que recrean figuras antropomorfas e animais. Especialmente belos son Pedra das Ferraduras e Outeiro do Lombo da Costa, ambos os dous cun deseño que os fai únicos en Galicia.

A segunda etapa por esta viaxe á Prehistoria pontevedresa iníciase cunha parada obrigada no Parque arqueolóxico de arte rupestre de Campo Lameiro. Ten unha extensión de 21,8 hectáreas e constitúe unha extraordinaria paisaxe cultural, do que as preto de 100 rochas con gravados e petroglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, son a parte máis visible de toda a riqueza patrimonial que alberga no seu interior.

O parque inclúe unha área arqueolóxica ao aire libre duns tres quilómetros de lonxitude, na que se poden observar os deseños xeométricos e naturalistas propios da arte rupestre galega e algún dos petroglifos mellor conservados do Grupo Galaico de Arte Rupestre. Os gravados están repartidos entre os depósitos de Paredes, Parada e San Isidro, Painceiros, As Fragas, A Lagoa / Fentáns e Caneda, sendo todos eles relativamente de doado acceso.

Antes de regresar a Pontevedra, punto inicial desta ruta, debemos visitar a área arqueolóxica da Caeira (Poio). Está integrado por máis dunha vintena de gravados e petroglifos, pero son dúas estacións as que desempeñan un papel máis importante. Trátase de Pedra Grande de Montecelo e Laxe das Lebres, que presentan unha asombrosa variedade de figuras tales como cervos, cazoletas, combinacións xeométricas e figuras antropomórficas.

Toda esta riqueza patrimonial está a ser posta en valor pola mancomunidade Terras de Pontevedra, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Turismo. A iso súmase a variada oferta turística e gastronómica destes oito municipios, que converten a Terras de Pontevedra nun destino único. Déixate seducir por este pequeno paraíso.

Arquivado en