Arroz tres delicias con berberechos Pescamar

Pontevedra
07 de decembro 2019

Unha receita que nos trae os aromas da cociña asiática e coa que aproveitaremos todos os beneficios dos berberechos ao natural: rico contido en ferro, proteínas de alto valor biolóxico e baixo contido calórico, ideal nas dietas de adelgazamento

Arroz tres delicias
Arroz tres delicias / Pixabay

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que nos trae os aromas da cociña asiática e coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos moluscos esenciais da dieta atlántica: o berberecho.

Os berberechos ao natural Pescamar son ricos en ferro, o que os converte en grandes aliado fronte á anemia. Ademais, achegan proteínas de alto valor biolóxico que, unidas ao seu baixo contido calórico e graxo, fano un alimento ideal nas dietas de adelgazamento.

Para preparar un saboroso Arroz tres delicias con berberechos Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de berberechos ao natural Pescamar

- 200  gr de arroz

- Xamón de York

- Paus de surimi

- Chícharos

- 1 tortilla francesa

- Millo doce

- Toros de piña no seu zume

- Gambas peladas

- Maionesa

- Crema de leite

- Ketchup

- Azucre

- Sal

- Pirixel picado

Preparación:

Fervemos o arroz en auga cun pouco de sal. Cando estea cociñado, pasámolo por auga fría e escorremos para que quede solto.

Á parte, cortamos en dados pequenos todos os ingredientes (xamón de York, tortilla, piña, gambas, paus de surimi, millo e chícharos), incorporamos os berberechos ao natural Pescamar, previamente escorridos, e mesturamos todo co arroz nunha fonte. Adornamos cun pouco de pirixel picado.

A continuación, batemos a maionesa e alixeirámola coa crema de leite, o ketchup, un chisco de sal e unha cullerada de azucre. Acompañamos o arroz con esta salsa.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.