Arroz meloso con berberechos e mexillóns Pescamar

Pontevedra
27 de agosto 2022

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e dous produtos estrela da cociña atlántica: o berberecho e o mexillón

Arroz meloso
Arroz meloso / Foto de Nadin Sh en Pexels

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" na que Conservas Pescamar propón unha elaboración con berberechos e mexillóns, dúas especialidades moi prezadas na cociña atlántica.

Ademais do seu sabor e textura, tanto os berberechos como os mexillóns posúen un alto contido en ferro. Ademais, achegan proteínas de alto valor biolóxico que, unidas ao seu baixo contido calórico e graxo, fan un alimento ideal como alternativa ás carnes vermellas.

Para preparar un delicioso Arroz meloso con mexillóns e berberechos Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de berberechos ao natural Pescamar

- 1 lata de mexillóns en salsa de vieira Pescamar

- 150 g. de arroz

- Herbas aromáticas

- 150 g. de caldo de marisco

- Coñac

- Sal

Preparación:

Fervemos o caldo de marisco con herbas aromáticas. Flamexamos con coñac e cubrimos coa auga da lata de berberechos. Deixamos reducir ata a metade. Coamos o caldo e incorporamos o arroz.

Cando o arroz estea cocido, engadimos o contido das latas de berberechos ao natural Pescamar e os mexillóns en salsa de vieira Pescamar.

Revolvemos suavemente, retiramos do lume e deixamos repousar.

Empratamos nunha fonte e decoramos con hierbas aromáticas.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.