Continúan as melloras en Monte Porreiro co acondicionamento dunha parcela pública localizada na rúa Portugal que servirá como estacionamento. O Concello tamén mellorará o itinerario peonil da zona.
Segundo indicaron desde o goberno local, o acondicionamento da zona comezou esta semana e consiste na limpeza de toda a parcela do aparcadoiro e na canalización de augas.
Indican que nesta parcela existe un manancial sen canalizar que desemboca na rúa Portugal, que sumado á chuvia dos últimos meses causa empozamentos e que as augas decorran libremente pola rúa, que está permanentemente mollada.
A canalización a instalarán na propia parcela e a conectarán á condución de pluviais do barrio. Ao mesmo tempo farán un acceso de formigón ao estacionamento elevando a rúa e resolvendo problemas de accesibilidade, xa que se teñen presentado problemas para a veciñanza do lugar para poder circular con cadeiras de rodas ou carriños de bebés.
A mellora deste espazo súmase á recuperación da parcela da rúa Alemaña (situada ao carón do Acuña) empregada como estacionamento.
Se o tempo o permite, estas dúas obras poderían estar rematadas "nos vindeiros días".