Arrestado un veciño de Poio por un grave altercado no que agrediu a varias persoas e chegou a autolesionarse

Poio
02 de maio 2023

Este individuo foi detido por un delito contra a orde pública, atentado, desobedecia e resistencia grave contra axentes da Policía Local e persoal sanitario, lesións a persoas e danos a bens

Axente da Policía Local de Poio
Axente da Policía Local de Poio / Policía Local de Poio

A Policía local de Poio procedeu no serán deste luns en Combarro á detención dun individuo veciño de Poio de 34 anos que conta con numerosos antecedentes por altercados, pelexas e lesións. 

Segundo informa a Policía Local, sobre as 20:14 horas do luns 1 de maio foron alertados telefonicamente por un veciño de Combarro que se atopaba na terraza dun establecemento en en a Rúa Baixada a Chouza, cando un home propinoulle unha labazada.

Unha patrulla desprazouse urxentemente á zona, localizando un tumulto de máis de cen persoas no medio das cales estaba o presunto agresor, coñecido por intervencións anteriores por parte dos axentes.

O posteriormente detido atopábase nun estado moi agresivo buscando a alguén para enfrontarse a el, mentres gritaba "deixádeme que o mato"  en repetidas ocasións, sendo suxeitado por dous homes coñecidos seus, que trataban de tranquilizarlle e que depuxese a súa actitude hostil. 

No momento en que interveñen os axentes e estes tratan de falar con el para que se acougue, grítalles "hijos de puta, deixádeme en paz" dándolle unha puñada no peito a un dos axentes seguido dunha segunda puñada que impacta nun brazo. 

Tras isto, os axentes proceden a reducir ao individuo, quen opón unha forte resistencia, lanzando patadas e cabezazos cara aos actuantes. Tal era o nivel de agresividade do individuo no momento da detención, consegue deformar uns grilletes de aceiro deixándoos inutilizados. 

Os policías procederon á detención deste home como presunto autor directo dos delitos de atentado aos axentes da autoridade, resistencia grave, desobediencia e desordes públicos, lesións e danos. 

Posteriormente comparece no lugar unha patrulla da Garda Civil do Posto de Pontevedra, os cales colaboran activamente na intervención.

Este individuo comeza a golpearse a súa cabeza contra o chan con gran forza, producíndose, así mesmo, feridas na cara e fronte, tendo que os axentes inmobilizarlle a cabeza e colocar a man entre o chan e o firme.

Cando se trata de introducir ao detido no vehículo patrulla da Policía Local de Poio, pero este continúa presentando unha forte resistencia; chegando a propinar dúas patadas á porta traseira dereita do mesmo, producindo danos no vehículo policial; propinando á súa vez un cabezazo a un axente da Policía Local, na parte alta da súa fronte no momento en que se atopaba inclinado para tratar de introducilo no vehículo policial.

O detido tamén cospe en varias ocasións aos axentes, unha delas cando se lle tentaba introducir no vehículo patrulla para o seu traslado, e este lanza un esgarro con sangue da súa boca, o cal entra directamente na boca un axente.

Durante o tempo no que permaneceu engrilletado, repetía constantemente ameazas e insultos aos axentes tales como "xurovos que vos vou a matar, hijos de puta, vouvos rebentar".

Polo exposto e #ante a imposbilidad do traslado no vehículo policial solicítase unha ambulancia do 061 para efectuar o traslado con seguridade, sendo acompañado por un policía local e en interior da ambulancia para a seguridade do persoal sanitario.

Os  axentes solicitan as filiacións de testemuñas e prexudicados, identificando a unha muller, quen manifesta que se atopaba dando o peito ao seu fillo, cando o detido iniciou o altercado chegando a pegarlle unha puñada a ela mesma. 

A propietaria do bar tamén se vió prexudicada pola actitude de detido, debido a que o seu estado de alteración e agresivad, provocou que toda a clientela abandonase o local atemorizada.

Outra persoa presente no lugar diríxese aos axentes para poñer en coñecemento que o detido propinara un golpe ao vehículo da súa propiedade (Nissan estacionado nas proximidades), na súa porta traseira dereita causando danos na mesma.

Ditos feitos sucederon nas inmediacións de Praza da Chouza de Combarro, a cal presentaba unha gran cantidade de persoas que se atopaban no evento cultural dos Maios, vendo alterada a seguridade cidadá e observando como o detido agride, ameaza e insulta en repetidas ocasións aos axentes.

Ás 21:11 horas comparece no lugar a ambulancia cuxo facultativo decide que se debe inxectar un tranquilizante ao detido, para posteriormente ser trasladado ao Hospital Montecelo. Durante o traslado conséguese quitar a máscara para, posteriormente, proxectar un esputo á técnica que lle asistía, increpándoa e amenzándola en repetidas ocasións  "puta, te voy a matar, estas muerta".

Unha vez no Hospital queda en custodia da patrulla de Garda Civil que colaborou na intervención no lugar; mentres que o axente agredido, é examinado para avaliar posibles lesións tras a agresión recibida. As dilixencias da Policía Local foron remitidas para que nas próximas horas pase a disposición xudicial.