Arrancan dúas xornadas de folga na sanidade galega

Pontevedra
09 de decembro 2013

A sanidade galega está convocada a secundar dúas xornadas de folga os días 9 e 10 decembro. Os sindicatos CESM, O'Mega, CC.OO. e CIG chamaron os 33.000 traballadores que forman parte do Servizo Galego de Saúde a sumarse a unha protesta a favor dunha "sanidade pública de calidade" e en contra dos recortes e "a privatización". A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, asegura trátase dun paro con "trasfondo político"

Acto reivindicativo 'Abraza o Hospital' da Plataforma SOS Sanidade Pública
Acto reivindicativo 'Abraza o Hospital' da Plataforma SOS Sanidade Pública /

A sanidade galega está convocada a secundar dúas xornadas de folga os días 9 e 10 decembro.

Os sindicatos CESM, O'Mega, CC.OO. e CIG chamaron os 33.000 traballadores que forman parte do Servizo Galego de Saúde a sumarse a unha protesta a favor dunha "sanidade pública de calidade" e en contra dos recortes e "a privatización".

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, asegura trátase dun paro con "trasfondo político".

Entre outros motivos a protesta convócase polas medidas de recorte na sanidade pública e nos medios humanos, esixen a reedición da taxa de reposición e a supresión dos contratos lixo, a recuperación do específico adicional e as dúas extraordinarias, ademais dos días de libre disposición, derivados dunha negociación que cambiou o incremento salarial "por horas de descanso". Ademais de esixir a paralización do copagamento nos medicamentos e a apertura dunha negociación sobre as áreas de xestión clínica.