En Sanxenxo mantéñense as actividades previstas en locais sociais, pero as que se ían a desenvolver ao aire libre están a ser aprazadas polos diferentes colectivos organizadores.
Así, a asociación San Caetano de Arra decidiu trasladar para a tarde do sábado a súa festa de Entroido. E o mesmo ocorre en Vilalonga, onde o Enterro da Cabra celebrarase o vindeiro venres día 19 de febreiro. En Portonovo, os organizadores do Enterro da Sardiña reuniranse este martes para decidir se manteñen os actos previstos para mañá.
ENTROIDIÑOS
Máis de sesenta nenos participaron este martes unha nova sesión dos Entroidiños, desenvolvida no Pazo Emilia Pardo Bazán cunha infinidade de actividades e xogos relacionados co entroido.
Os Entroidiños vivirán o mércores a súa última edición cunha xornada que se desenvolverá en Vilalonga, na que hai máis de sesenta nenos inscritos.
Pola súa banda, os alumnos das Escolas Infantís Municipais participaron nunha Pasarela de Disfraces e unha degustación de produtos típicos de entroido achegados polos pais dos escolares.