O vindeiro martes 21 de febreiro está marcado en vermello no calendario dos veciños da parroquia de Arra. Será o día no que a asociación cultural San Cayetano, en colaboración co Concello de Sanxenxo, recupere o seu tradicional entroido.
Será unha xornada lúdica pensada para todos os públicos, na que non faltarán nin os concursos, nin a música, nin os xogos tradicionais, segundo avanza a organización.
A actividade dará comezo no campo da festa de Arra, a partir das 15:30 horas, con xogos como o da cadeira, a corda ou o baile da escoba. Tamén haberá inchables e un touro mecánico.
A partir das 17:30 horas poderá degustarse chocolate con churros e, un pouco máis tarde, repartirase churrasco entre os asistentes.
A organización premiará o mellor disfrace, as mellores orellas e a mellor parella de baile.
Ademais, sortearase unha viaxe para catro persoas ao parque Warner Bros de Madrid. que inclúe entradas e unha estancia para dúas persoas nun hotel de catro estrelas.