O Concello de Pontevedra recibiu este luns a visita do equipo do Departamento de Prospectiva da Dirección de Modelo Urbano da área de Ecoloxía, Urbanismo e Mobilidade do Concello de Barcelona, encargado do proxecto das "Superilles" unha especie de gran mazá na que se vetan zonas ao coche para devolver o espazo que este ocupa aos veciños.
O equipo deste departamento está integrado por nove arquitectos coordinados por Rosa López Olmos quen explicou en rolda de prensa que a visita a Pontevedra está enmarcada dentro do "intercambio de información" que está a realizar con outras cidades co propósito de "mejorar la calidad de vida de los barceloneses".
Rosa López comentou que a pretensión do Concello de Barcelona é camiñar cara unha cidade "ambientalmente sustentable" e para facelo "é preciso o cambio das formas de vivir" polo que buscan "compartir experiencias con las ciudades que tienen estos éxitos o no éxitos".
No encontro que mantiveron co concelleiro de Infraestruturas e vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, Rosa López asegurou que "nos encantó lo que hemos visto" e mesmo sinalou que algunhas solucións aplicadas na Boa Vila deixáronlles "pampos".
Explicou que os concellos de Pontevedra e de Barcelona tenemos maneras de hacer y realidades diferentes, pero hay cosas que son universales".
O Concello de Pontevedra organizou con estes arquitectos unha reunión previa de información sobre o modelo de cidade, e a continuación visitaron a cidade acompañados do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e do concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera.
Os arquitectos de Barcelona xa mantiveran contactos previos co Concello de Pontevedra no transcurso dunha xornada desenvolta en Cataluña para falar de saúde e cidades.