Unha visita guiada á Área Arqueolóxica de Tourón e un concerto servirán de preámbulo, estevenres día 21, ás Festas das Dores en Ponte Caldelas.
Os máis novos teñen a súa cita coa música da man de Eleka Familia, Proxecto Ícaro, The Seangles e outros artistas convidados polos organizadores, Festeiros 2.0, que terán ás 21 horas, nas inmediacións do pavillón municipal de deportes (Chan da Barcia) ubicado o escenario así como postos de comida, artesanía e merchandising.
Eleka Familia ofrecerá un amplio repertorio composto por temas hip-hop, mentras que Proxecto Ícaro, da Guarda, centrarán a súa actuación en temas pop-rock. Os vilagarciáns, The Seangles ofrecerán as mellores versións rock mentras que o Dj local Alvaro Malvar será o encargado de poñer a música máis actual ata a última hora.
VISITA GUIADA DO ARQUEÓLOGO LOIS VILAR A TOURÓN
Por outra banda, a partir das 21 horas, o arqueólogo Lois Vilar será o encargado de dirixir unha visita guiada pola Área Arqueolóxica de Tourón onde aproveitarán a caída do sol para contemplar dun xeito máis vistoso e diferente os distintos gravados rupestres existentes nas diferentes estacións que constitúen este importante enclave arqueolóxica.
VOLVE "CALDELAS TAPAS"
Os nove establecementos que participan na primeira edición do concurso gastronómico "Caldelas Tapas" volven a ofrecer este venres un pincho gratis coa consumición a aquelas persoas que queiran participar dunha iniciativa culinaria diferente para dinamizar o sector hostaleiro de Ponte Caldelas.