Arde unha chatarrería no Pousadoiro

O Salnés
24 de novembro 2017

Un incendio derrubou este xoves por completo unha nave de chatarra en Vilagarcía, á altura do Pousadoiro. A construción atópase nas proximidades dun asentamento chabolista nunha zona rodeada de monte

Un incendio derrubou este xoves por completo unha nave de chatarra en Vilagarcía, á altura do Pousadoiro. A construción atópase nas proximidades dun asentamento chabolista nunha zona rodeada de monte.

Segundo indicaron os Bombeiros de Vilagarcía ao 112 Galicia, tratouse dun galpón onde se almacenaba unha gran cantidade de chatarra e outro material como rodas, distintos electrodomésticos e demais.

O CIAE tivo constancia do incendio sobre as 21:00 horas da noite pasada, grazas á chamada dun particular. Tras indicar que ardía unha nave, púxose en alerta aos Bombeiros de Vilagarcía. Tamén os membros de extinción de Ribadumia desprazáronse ao momento para colaborar nas tarefas de extinción. Ademais, desde o 112 Galicia informouse os axentes da Policía Nacional, Policía Local e aos efectivos do servizo de emerxencias municipal.

Ao fío das 23:30 horas, unha vez extinguido o lume e refrixerada a zona, os Bombeiros de Vilagarcía comunicaron ao 112 Galicia o final da intervención.