Efectivos dos servizos de emerxencia sufocaron este luns un incendio nunha caseta que, habitualmente, empregan os mariñeiros na Revolta (Noalla).
Foi un particular o que deu a voz de alarma ao 112 Galicia, contra as sete da tarde, asegurando que saían as lapas polo tellado.
O persoal do 112 Galicia alertou aos Bombeiros do Salnés, a membros do GES de Sanxenxo e á Policía Local de Sanxenxo.
Unha vez extinguido o lume e arrefriada a zona, efectivos do GES comunicaron que, debido ao incidente, envorcou un bidón de graxa de peixe, un material orgánico non contaminante, no interior da caseta.
A graxa espallouse entre uns 10-12 litros cara a parte de fóra que foron neutralizados sen causar ningún tipo de dano ambiental.