Unha carroza de entroido ardeu este xoves en Vilanova de Arousa. O suceso produciuse na parroquia de Caleiro, no lugar de Corón.
Unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia, sobre ás 21:00 horas, dun coche estacionado que estaba a arder.
Enseguida, os Bombeiros de Vilagarcía e a Policía Local, tras ser informados do suceso polo CAE 112 Galicia, desprazáronse ata o lugar.
Cando chegaron, constataron que ardese unha carroza de entroido e que o lume xa fora extinguido polos propios donos.
A carroza, que estaba no interior dun garaxe, foi levada cara ao exterior e ningunha persoa resultou ferida.