Arde un aeroxerador no parque eólico de Monte Cando, en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade
06 de setembro 2018

Un incendio declarado nun aeroxerador do parque eólico de Monte Cando, en Cerdedo-Cotobade, activou aos servizos de emerxencia. O lume, segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, provocou danos no xerador e está a afectar a unha zona montañosa no lugar de Santa Mariña

Área queimada polo incendio dun aeroxerador en Monte Cando
Área queimada polo incendio dun aeroxerador en Monte Cando / Bomberos Provincia de Pontevedra

Un incendio declarado nun aeroxerador do parque eólico de Monte Cando, en Cerdedo-Cotobade, activou aos servizos de emerxencia.

O lume, segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, provocou danos no xerador e está a afectar a unha zona montañosa no lugar de Santa Mariña.

Foron varios os particulares os que, ás 17.30 horas, avisaron do incendio. 

Nada máis recibir a alerta, desde o 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Ribadumia, á Garda Civil, ao GES da Estrada, a Protección Civil e ao servizo provincial de incendios forestais.