Este mércores 21 de marzo presentouse na Escola de Enxeñería Forestal do campus de Pontevedra o arboreto, unha colección viva de árbores destinada ao seu estudo científico e á divulgación das súas propiedades e características.
Como comenta Eduardo Muñiz no DUVI, o proxecto consiste na colocación de carteis de madeira cun código QR que, unha vez escaneados co móbil, ofrecerán información acerca das distintas especies de árbores. Ademais do nome común e o científico, a súa familia e lugar de procedencia, a base de datos botánica, elaborada pola OMA, remitirá unha ficha de cada unha das especies.
No campus da Xunqueira atópanse, ao longo das súas sete hectáreas, uns 400 exemplares de distintas especies como Platanushispanica ou Cedrusdeodara, o cedro do Himalaia, así como un grupo de moreiras, Morus alba.
A iniciativa realízase en conmemoración do Día Mundial dos Bosques e impulsada e é impulsada pola Vicerrectoría, a EE Forestal e a Oficina de Medio Ambiente (OMA), así como o Servizo de Xardinería.
Valero: "Además de producir materia prima y sostener las comunidades residentes en el medio natural, es innegable su contribución al medio ambiente"
Ten como obxectivo dar a coñecer a riqueza ambiental que hai en Pontevedra, ao mesmo tempo que se reflicte o valor das árbores. "Ademais de producir materia prima e soster as comunidades residentes no medio natural, é innegable a súa contribución ao medio ambiente desde todo punto de vista", sinalou EnriqueValero, director de Forestais.
O arboreto forma parte do proxecto Green Campus, facendo da Xunqueira un lugar máis agradable e atractivo, así como didáctico.
Actualmente atópase no desenvolvemento da súa terceira fase, un mapa interactivo no que se situarán as árbores coa súa ficha correspondente. A cuarta e última fase consistirá nun sistema de realidade aumentada permitindo obter datos dos exemplares que se visualicen en pantalla.