Aquí viviu unha camelia

Pontevedra
14 de maio 2013

O 21 de decembro de 2011 a praza da Ferrería amencía vítima dun acto vandálico. Un mozo tronzó unha das camelias e deixouna ferida de morte. Un ano e cinco meses despois, xa pode darse por irrecuperable a imaxe previa: o oco que ocupaba está agora ocupado por cemento e pedra

O 21 de decembro de 2011 a praza da Ferrería amencía vítima dun acto vandálico. Un mozo que posteriormente foi identificado pola Policía Nacional tronzó unha das camelias e deixouna ferida de morte.

Un ano e cinco meses despois, xa pode darse por irrecuperable aquela árbore que levaba décadas presidindo a entrada á praza dende a porta de Trabancas. O oco que ocupaba está agora ocupado por cemento e pedra.

Igual que aquel 21 de decembro amenceu a camelia tronzada, este martes 14 de maio a praza presentaba unha imaxe que constata que xa tan só poderá dicirse que alí viviu unha árbore, que se invalidou o lugar para ser sustituuido por novo inquilino ao cubrilo por lousas. De momento, ademais, está cercado por valos de obra.