Aquí non hai quen viva

Pontevedra
11 de novembro 2012

O histórico estanque das Palmeras foi abandonado polos seus plumíferos inquilinos. Aos surtidores de ferro en forma de rá ademais de rotos e moi sucios véselles tristes. Coma se dunha residencia de verán tratásese a caseta dos patos languidece entre malas herbas resignada mentres as súas moradoras elixen outras terras para vivir.

Estanque de Las Palmeras
Estanque de Las Palmeras / PontevedraViva

O histórico estanque das Palmeras foi abandonado polos seus plumíferos inquilinos. Aos surtidores de ferro en forma de rá ademais de rotos e moi sucios véselles tristes.

Coma se dunha residencia de verán tratásese a caseta dos patos languidece entre malas herbas resignada mentres as súas moradores elixen outras terras para vivir.

Tampouco é que os palmípedos foran moi lonxe. O cada vez máis recuperado río dos Gafos ofrece unha contorna moito máis acorde e alí pódeselles visitar e seguir as súas andanzas.

Antes dos patos mudáronse os cisnes. Primeiro os negros australianos e  logo os cisnes brancos.

Tamén no hábitat da Xunqueira pódeselles ver coidando os niños que tan afanosamente prepararon para a chegada dos novos membros da familia do Lérez.

Ademais da senda do Gafos e a Illa dás Esculturas, nos restantes parques e humedais da cidade, como o intermareal Lourido-Mollavao ou A Xunqueira de Alba, hai rexistradas 127 especies de aves.

Oito delas introducidas polo home. Neste punto a todos vénnos á cabeza un nome propio: o falecido conselleiro, Xosé Cuíña Crespo que soltou os primeiros cisnes no Lérez fai agora 15 anos como broche da recuperación das marxes do río.

Desta lista de aves borrouse no 2005 o último pavo real que se contoneaba pola Alameda.

Con todo hai outras especies que nos visitan en masa, por exemplo os estorninos.

Conviven con nós ata 35.000 estorninos

Cal turista inglés en Salou este ave migratoria chega a Pontevedra arrasando. Conviven con nós ata 35.000 estorninos segundo cifrou o biólogo Xabier Vázquez Pumariño, nun estudo encargado polo Concello.

Outras veciñas invasoras son as pombas e as gaivotas a quen os hosteleros colléronlles "gran agarimo". Son clientas que chegan polo aire.

Ás gaivotas en Pontevedra podémolas ver abrindo bolsas de lixo nos contenedores, roubando os pinchos das terrazas, ou pelexándose polas migas, incluso coméndose ás pombas⿦

Aínda que arrecian as críticas pola súa molesta presenza os expertos advírtennos de que "están aquí, entre nós e viñeron para quedarse".