"Aquí faltan páxinas", doce podcasts para visibilizar a mulleres referentes da provincia

Pontevedra
20 de decembro 2022

"Aquí faltan páxinas" é o nome da iniciativa da Deputación de Pontevedra xunto a O Cable Inglés para visibilizar a mulleres referentes desta provincia: María Soliña, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa

Presentación de "Aquí faltan páxinas"
Presentación de "Aquí faltan páxinas" / Deputación de Pontevedra

"Aquí faltan páxinas" é o nome da iniciativa da Deputación de Pontevedra xunto a O Cable Inglés para visibilizar a mulleres referentes desta provincia: María Soliña, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa.

É unha colección de doce relatos sonoros en formato podcast que se irán presentando mensualmente ao longo de todo o ano 2023 en nove concellos que tamén acollerán faladoiros guiados por persoas expertas nestas figuras.

No acto de presentación desta proposta "pioneira" a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, explicou que a idea é "poñer en valor a contribución feminina ao desenvolvemento da humanidade".

Xunto a Carmela Silva participaron nesta presentación á coordinadora da iniciativa Marián Fernández, e Guillermina Domínguez, Milagros Bará e Loli Docampo, que protagonizarán tres dos coloquios previstos.

Desde xaneiro, a colección de podcasts, tamén se colgarán no propio site "Aquí faltan páxinas" da web da Deputación e con ligazón a Spotify.

Amais, publicarase unha ruta virtual que amosará os puntos máis importantes da biografía da protagonista do mes.

Carmela Silva destacou que este proxecto, que nace con vocación de continuidade, dá voz "a mulleres imprescindibles, a nosa historia esquecida, pero nunca enterrada".