A empresa COVSA apura a construción dos lombos da Avenida Raíña Vitoria e a rúa Alameda. Os operarios traballan contrarreloxio xa que toda esta reforma deberá estar rematada antes do 11 de setembro para permitir o paso de La Vuelta Ciclista a España.
Os traballos contan cun orzamento de algo máis de 60.000 euros.
Polo momento a obra non interfere na circulación rodada. Neste sentido, a instrución que se deu desde o Concello de Pontevedra é que se traballe en horario nocturno cando as reformas afecten ao tráfico, para evitar cortar algún dos dous carrís existentes.
O proxecto contempla a elevación dos pasos de cebra situados á entrada do instituto Sánchez Cantón e fronte ao Hotel Da Barca.
Para mellorar a visibilidade dos condutores e contribuír á seguridade dos peóns eliminaranse catro prazas de estacionamento.
Na entrada da rúa Alameda instalarase un reductor de velocidade, e elevarase o paso de peóns na confluencia coa rúa Echegaray.