Aprobada a licenza de obras para a reforma integral da residencia de maiores de Campolongo

Pontevedra
24 de outubro 2022

O proxecto afectará a todo o edificio e conta cun orzamento de 2.922.539 euros

Residencia de maiores de Campolongo
Residencia de maiores de Campolongo / Paula Sanmartín

O Concello de Pontevedra aprobou este luns en Xunta de Goberno Local a concesión de licenza urbanística para a execución de obras de reforma integral de redistribución e adecuación de espazos na residencia de maiores de Campolongo, situada na avenida de María Vitoria Moreno.

O proxecto, promovido pola Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia e que conta cun orzamento de 2.922.539 euros, mudará e transformará o edificio socio-sanitario da cidade.

As actuacións deberán ser iniciadas nun prazo máximo de seis meses desde a notificación da aprobación da licenza, cunha interrupción máxima de seis meses e cun remate de doce meses desde a nomeada notificación.

Desde a área de Urbanismo do Concello de Pontevedra sinálase que no futuro deberán ser solicitados os trámites de certificado de final da obra e a licenza de primeira ocupación.