O pleno extraordinario celebrado en Sanxenxo este venres 29 serviu para aprobar a incorporación do municipio ao programa de reciclaxe a través da planta de compostaxe que Sogama instalou en Vilanova de Arousa e que se atopa en funcionamento desde novembro.
A medida foi apoiada polos grupos municipais do PP e do PSOE, coa abstención do BNG.
Paula Martínez, concelleiro de Economía, Facenda e Persoal, manifestou que con esta decisión se busca reciclar mellor cumprindo coa directiva europea en materia de residuos orgánicos e, ao mesmo tempo, aforrar 18 euros por tonelada deste lixo orgánico.
Sanxenxo xera como media 11.000 toneladas ao ano e, desta forma, aforraríanse 200.000 euros anuais, segundo a edil.
Habilitáronse contedores marróns en nove illas de residuos e está en marcha un plan piloto de recollida nalgúns establecementos.
O BNG manifestou durante a sesión plenaria que a decisión do goberno local débese "unicamente para evitar sancións de Europa". Criticou que se manteñan pechados e abandonados tres dos catro composteiros comunitarios do municipio.
O pleno tamén aprobou o convenio de colaboración coa Deputación para retirar vehículos abandonados e a proposta de Alcaldía de delegar no Oral as competencias de xestión tributaria, recadación e inspección da taxa polo aproveitamento especial de dominio público local por instalacións de transporte de enerxía.